jueves, 21 de octubre de 2010

A viaxe dos Argonautas

Vén de vello a lenda dos intrépidos heroes que, guiados por Xasón, saíron ao mar da costa de Iolcos en Tesalia, cara ao Mar Negro a través das Rochas Escuras, para rescatar do fondo da Cólquide o Vélaro de Ouro. Xa se acorda Homero da magnífica nave Argo que cruzou a alta mar e foi celebrada por todos (Odisea XII, 69-70
οἴη δὴ κείνη γε παρέπλω ποντοπόρος νηῦς,
Ἀργὼ πὰσι μέλουσα,).

Pero quen nos contou a epopea dos Argonautas foi Apolonio de Rodas (s.III a.C.). Os expedicionarios foron á vez aventureiros na busca das riquezas do norte e exploradores dun afastado confín do mar ao cruzaren o Helesponto. Aqueles heroes son cincuenta e seis no catálogo de Apolonio, un bo número para o barco de cincuenta remos. Aquela viaxe imposible merecía un esforzo imposible se estaba dos deuses a feliz volta, como rogan as mulleres naquela despedida (Argonáutica I, 246-9
“ἀλλ᾿ οὐ φυκτὰ κέλευθα, πόνος δ᾿ ἄπρηκτος ἰοῦσιν.”
Ὧς φάσαν ἔνθα καὶ ἔνθα κατὰ πτόλιν· αἱ δὲ γυναῖκες
εὐχόμεναι νόστοιο τέλος θυμηδὲς ὀπάσσαι.)
Foi tan incrible aquela viaxe que a antiga Grecia quixo pintala no ceo ao xeito dunha viaxe astral e así a recolle Eratóstenes nos seus Catasterismos, e Ptolomeo no seu catálogo das constelacións.
Constelación da nave Argo do catálogo de Johannes Helvetius de 1690


No hay comentarios: